Salceda pon en marcha 9 accións formativas para o que resta de ano

O Concello de Salceda de Caselas ven de anunciar a convocatoria de nove accións formativas que se desenvolverán durante os meses de setembro a decembro, e que teñen por obxectivo poñer en mans dos veciños e veciñas en situación de desemprego as ferramentas precisas que melloren a súa capacitación e as súas posibilidades de inserción laboral.

Os cursos desenvolveranse no Centro de Desenvolvemento Local ‘O Torrón’, dependente da Concellaría de Formación e Emprego que xestiona Loli Castiñeira. Para participar, os interesados e interesadas deberán cumprir dous requisitos: estar en situación de desemprego e estar dados ou dadas de alta na Bolsa de Emprego Municipal con data anterior á solicitude do curso.

Os cursos que se porán en marcha son os de  habilidades comunicativas, inglés, manipulador/a de carretilla elevadora, informática dende cero, preparación das probas da ESO e acceso a ciclos medios,ebanistería (realización de estructuras básicas de madeira), coidados paliativos a domicilio, manipulador/a de alimentos e alérxenos e seguridade informática.

As persoas interesadas deben presentarse no CDL Torrón o día asignado para a proba de selección de cada un dos cursos, que poderán consultar na páxina web do Concello, así como nos medios de difusión do CDL do Torrón ou no mesmo edificio. A Concellaría de Formación e e Emprego conta na actualidade con un AEDL e dúas orientadoras laborais, amosando así a forte aposta do Concello de Salceda por estas áreas.

Todas estas actividades, explicaba a Concelleira de Formación e Emprego, Loli Castiñeira, teñen a finalidade de facilitar aos veciños e veciñas en situación de desemprego “formación en actividades con alta demanda no mercado do traballo” e que lles permitirán mellorar as súas posibilidades de atopar un emprego “e mesmo de optar pola opción de autoem