Salceda executará a Segunda Fase do Proxecto de Mellora da Praza de Abastos

O proxecto conta con unha subvención da Consellería de Economía e Industria para a mellora dos mercados municipais e prazas de abastos, así como dos espazos do comercio non sedentario.

               O Concello de Salceda de Caselas vai poñer en marcha o proxecto da Segunda Fase de Mellora da Praza de Abastos. Nesta segunda fase preténdese atallar problemas como as correntes de aire do edificio, para o que se procederá á cubrición do interior con un falso teito de policarbonato así como á instalación dunhas novas portas de acceso que funcionarán de cortaventos e que se poderán manter abertas ou pechadas dependendo da estación do ano. Tamén se executará a conexión coa zona de aparcadoiro da carballeira situada detrás da edificación , efectuando unha apertura no semisoto e executando unhas escaleiras de acceso.

Por outra banda, no afán de dinamizar o mercado ofrecendo novos servizos, crearase tamén unha zona de cafetería con servizo tanto ao interior como ao exterior do edificio, que contará con autonomía propia de funcionamento, independentemente do propio mercado.

O proxecto conta con un orzamento de 199.989,45 € que, será asumido nun 75% pola Consellería e no 25% restante polo propio Concello.

A primeira fase do Proxecto de Mellora levouse a cabo xa no 2013, e supuxo a adecuación do edificio e o seu entorno ás necesidades básicas de accesibilidade e comodidade para vendedores e clientes, ofrecendo un maior atractivo da zona tanto no interior como no exterior. Nesta nova fase as melloras centraranse no interior do edificio, así como no acceso posterior ao mesmo.

Hai que lembrar que o Pleno do Concello de Salceda aprobou tamén a Humanización da Rúa Pontevedra, o que vai permitir o enlace directo entre a zona do Concello e o Auditorio Municipal coa Praza de Abastos, completando así a reforma dunha nova zona do casco urbano.

Loli Castiñeira, Concelleira de Comercio, manifestou a súa ilusión con esta nova fase do proxecto de reforma: “Nunca en tan pouco tempo se fixo tanto polo comercio de productos frescos. Traballamos polo comercio de proximidade, e a Praza de Abastos é a mellor garantía de frescura e calidade dos productos ofertados”.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “Seguimos a construír a nova Salceda pensada para a xente poñendo en valor os edificios municipais. Salceda tiña unha débeda histórica cos vendedores da Praza de Abastos e estamos a poñer todo da nosa parte para saldar esa débeda e garantirlle as mellores condicións no desenrolo dunha tarefa fundamental como é a da venta de productos frescos”.

 

Gabinete de Prensa, 29 de agosto de 2.014