Salceda acolle o II Festival Ibérico

2015.04.14 Festival Ibérico 2015.04.14 Festival Ibérico2

Esta mañá presentouse na Casa da Cultura Castelao o II Festival Ibérico que se vai celebrar en Salceda de Caselas este sábado 18 ás 20:00 horas no Auditorio Municipal, organizado pola Fundación Luso Galaica. No acto de presentación estivo presente o Presidente da Fundación Antonio Reguera, o Alcalde e a Concelleira de Cultura de Salceda, Marcos Besada e Teresa Pérez, así como representantes da Asociación de Comerciantes de Salceda e do Grupo de Baile de Castro Barreiro, anfitrión do evento.

O festival xurde como homenaxe ao Grupo Folclórico de Castro Barreiro, que ven de celebrar os seus 25 anos de existencia, e contará coa presenza ademáis deste grupo do Grupo Folclórico de Entenza e o Grupo Folclórico Andarela pola parte de Galicia, e por parte de Portugal serán o Grupo Folclórico de Peñafiel, O Rancho Folclórico de San Miguel de Paredes e o Rancho Folclórico do Centro Social de Abragao.

Por outra banda, a Fundación Luso Galaica fará entrega de diversas distincións aproveitando o evento:

–        Medalla de Ouro ao mérito folclórico ao Grupo de Baile de Castro Barreiro por cumplir as suas vodas de prata e difundir o folcore galego en Galicia e Portugal.

–        Bandexa de Ouro ao mérito gastronómico ao Concello de Salceda de Caselas como promotor da Festa dos Callos e colaborador no resto de festas gastronómicas do municipio.

–        Diploma de Honra e Medalla ao mérito turístico e gastronómico ao Alcalde de Salceda, Marcos David Besada Pérez, pola colaboración e entrega na promoción gastronómica da Festa dos Callos e outras festas do municipio.

–        Diploma de Honra e Medalla de Ouro á Concelleira de Cultura de Salceda, teresa Pérez, pola súa gran colaboración e divulgación da cultura folclórica de Salceda e do resto de Galicia.

Antonio Reguera, Gran Maestre da Orde do Patrimonio Inmaterial e Gastronómico Ibérico loubou o inmenso traballo feito polo pobo de Salceda a prol da cultura e da gastronomía do País e valorou moi positivamente o enorme esforzó que ACISA realiza polos intereses dos comerciantes e industriais do Concello.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda, agradeceu no nome dos veciños e veciñas de Salceda estas as distincións “que non fan máis que recoñecer o enorme traballo que os colectivos sociais e agrupacións culturais realizan a prol do Concello de Salceda de Caselas e das relación do noso País cos nosos veciños-irmáns de Portugal”

 

Gabinete de Prensa, 14 de abril de 2015