Roteiro dos Pazos

percorrido Sin título

O Roteiro dos Pazos vaise a celebrar o 9 de Maio dende o Torreiro de Santa María, ás 17:30 da tarde terá a saída de percorrido circular que percorrerá os Pazos e a súa historia representada polos grupos de teatro de A Feira,  Castro Barreiro, Entenza, Osiris e Soutelo baixo  a dirección de Laura Garrido.

Documentada por Marcos Gándara, recrearanse diversos escenarios que forman parte da nosa historia, ao longo dun percorrido de 5km, queaproximadamente terá unha duración de 3:30h. Todas as persoas interesadas en participar poderán facelo en medioambiente@salcedadecaselas.es.

Dende O concello de Salceda de Caselas queremos agradecer a colaboración que os grupos de teatro manteñen co concello, que un ano máis fan posible que se leve a cabo esta iniciativa, e que xa o ano pasado colaboraron nas actuacións. Para eles o gran mérito do Roteiro.