Presentación oficial Club Baloncesto Caselas 2014-2015

A Concellería de Deportes e o Club Baloncesto Caselas informan que o próximo domingo 9 de novembro terá lugar a presentación oficial do Club Baloncesto Caselas 2014-2015.

Será unha xornada no Pavillón Municipal de Deportes que comezará ás 17:00 horas coa presentación dos equipos: senior masculino, cadete masculino, infantil feminino, alevín mixto e benxamín mixto.

A continuación realizaranse as fotos de grupo e de equipos, dando paso as finais do concurso de tiro das categorías base.

Para pechar a xornada xogarán ás 19:00 horas un partido da 3ª División Senior Masculino – GR.E entre o C.B. Caselas e o Vigo 90’S.

Por outra banda, o Concello de Salceda de Caselas ven de firmar o seu convenio anual co Club para outorgar unha subvención de 4550 euros, tal como está a facer nos últimos anos, con este e outros clubes do municipio.

Ademais da concellería de Deportes, o Club conta con outros colaboradores privados como Sumipor, Chocolates Antoxo, Norexca, Hnos. Núñez Lorenzo ou Telmo Import.

A Tenente Alcalde e Concelleira de Deportes, suliña a grande labor que está a levar a cabo este Club e destaca os seus case 25 anos de traxectoria dende a súa fundación polo deportista Luís Manuel e outros colaboradores.

 

Salceda de Caselas, 4 de novembro de 2014.

Foto: actividade do C.B. Caselas nas rúas de Salceda.