Pasos en Ecolóxico percorre os Pazos de Salceda

 

Unha nova cita de “Pasos en Ecolóxico” percorrerá co título “Os nosos Pazos”, as terras de Picoña, Santa María e San Xurxo.

A cita é o sábado día 5 de Xullo ás 19:30 dende o Portón da Casa Grande da Picoña, onde se vai a realizar o percorrido histórico dos Pazos de Salceda, a través da documentación histórica que os rodea.

Nesta visita aos pazos a novidade que se vai a introducir é a teatralización dos mesmos, que vai a correr a cargo dos grupos de teatro dos Centros Culturais de Salceda que serán os encargados de reproducir varias escenas, contando coa presenza do teatro de Soutelo, Castro Barreiro, A Feira e OSIRIS, ademáis o Coro Polifónico de Santa María e o Grupo de percusión de Amigos da Música de Salceda de Caselas acompañarán a posta en escena en varios dos puntos teatralizados, baixo a dirección, todos eles de Laura Garrido. A historiadora encargada de por en contexto cada unha das interpretacións e que nos vai a acompañar durante todo o Roteiro é Purificación Pérez, como xa estivo a facer nas últimas quedadas realizadas a través de “Pasos en Ecolóxico”.

Este último Roteiro de “Pasos en ecolóxico”, incluído no verán cultural, presenta dúas alternativas diferentes, por un lado poderá ir ao Pazo da Corisca, dende onde partirá un autobús de ida e volta ao Pazo onde se procederá á degustación de Pincho e viño ecolóxico no propio pazo cun custe de 8 €/persoa, de valde para menores de 13 anos, ou de forma gratuíta que terá como punto de encontro o Portón da Casa Grande da Picoña para finalizar na Igrexa de Santa María.

Todas aquelas persoas que desexen participar poderán facelo previa inscripción no correo electrónico de medioambiente@salcedadecaselas.es ou na Casa da Cultura – Concello teléfono 986349003.

“O noso patrimonio é un ben a preservar facendo coñecedores da nosa historia dunha maneira atractiva e amena a todas as persoas interesadas, con este roteiro finalizamos por este ano os Roteiros do Plan Pasos en Ecolóxico que percorreu grande parte das parroquias do noso Concello, para por en coñecemento a nosa historia e importancia”. Asegura Loli Castiñeira, concelleira de Turismo. “Queremos seguir traballando con este tipo de proxectos de sinerxia de equipos, agradecer a Bodega da Corisca o seu traballo en conxunto co Concello que se estivo a realizar durante estos últimos meses”.