Novas

Bota a andar o programa “Xuntas”, destinado ás mulleres de Salceda, Salvaterra e As Neves

O Programa, que obtivo a puntuación mais alta de Pontevedra e a segunda mais alta de Galicia, está cofinaciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e ofrece unha intervención multidisciplinar a través de formación, obradoiros e un servizo gratuíto de asesoramento xurídico, psicolóxico e laboral axustado ás necesidades das participantes.

Salceda busca financiación para o segundo pavillón de deportes

O Concello de Salceda de Caselas ultima xa o expediente para concorrer á convocatoria de subvencións do Consello Superior de Deportes co proxecto do segundo pavillón na zona de Altamira, logo de que a solicitude feita ante a Deputación de Pontevedra fose denegada.

Pleno Extraordinario

No seguinte enlace podes seguir a retransmisión da sesión plenaria extraordinaria PLN/2023/9 do 22 de xuño de 2023., para o sorteo das mesas electorais para as eleccións xerais do 23X. […]

Pleno extraordinario de investidura 17 de xuño de 2023

No seguinte enlace podes seguir a retransmisión da sesión plenaria extraordinaria de investidura da nova corporación municipal  PLN/2023/8 de 17 de xuño de 2023. https://youtube.com/live/HRVTWgh6vA0?feature=share