O pleno do Concello de Salceda completa o paquete de medidas para paliar os efectos da subida do IBI.
O Pleno da Corporación Municipal de Salceda de Caselas ven de aprobar por unanimidade a proposta do goberno local de novas medidas fiscais encamiñadas a paliar os perxuizos económicos para a veciñanza derivados do proceso simplificado de valoración colectiva levado a cabo pola Dirección Xeral de Catastro no Concello.