Novas

O Pleno de Salceda aproba a Segunda Fase do Proxecto de Mellora da Praza de Abastos

O Pleno do Concello de Salceda de Caselas ven de aprobar o proxecto de investimento para a Segunda Fase de Mellora da Praza de Abastos, que se ven de presentar na convocatoria de subvencións da Consellería de Economía e Industria para a mellora dos mercados municipais e prazas de abastos, así como dos espazos do comercio non sedentario.