Novas

Salceda recupera a súa memoria histórica

O Concello de Salceda de Caselas leva meses traballando na posta en marcha do Arquivo Municipal da Imaxe (AMIS). Este proxecto pretende reunir nun mesmo arquivo fotografías, vídeos e documentos antigos con valor etnográfico, documental e histórico, que na actualidade se presentan diseminados en coleccións persoais polos fogares salcedenses ou de fora do municipio.