Novas

Inaugúrase o Parque Etnográfico Fonte-Muíños do Regueiro

O Concello de Salceda de Caselas, en colaboración coa Comunidade de Montes de Budiño e a Xunta de Galicia a través dos fondos AGADER, ven de poñer en marcha o Parque Etnográfico Fonte-Muíños do Regueiro, na parroquia de Santo Estevo de Budiño, cuio acto de inauguración se celebrou hoxe sábado na mesma área recreativa.

Novas pistas multideporte na área deportiva de Altamira

Marina Cabaleiro, tenente alcalde, suliña que dende a concellería de deportes apostamos por facer posible o deporte para todos e todas, poñendo a disposición dos veciños e veciñas instalacións axeitadas a diversidade de modalidades que practican os salcedenses. Cubrimos as demandas dos clubes de baloncesto, balonmán, tenis, bádminton ou fútbol sala. Sen esquecernos do CEP Altamira no horario de recreo escolar, que poderán utilizalas os pequenos para fomentar o deporte dende os primeiros anos.

O Concello de Salceda de Caselas realiza a análise de 31 fontes

A Concellaría de Medioambiente dixida por Cándido Lorenzo realiza a análise de 31 das fontes do Concello co obxectivo de coñecer o estado de calidade da auga para as mesmas. O criterio de selección foi determinado principalmente polo uso que os veciños e veciñas fan das mesmas, recollendo a mostraxe das máis utilizadas.

3ª Quenda programa aQuelando3

Dirixido a: Persoas desempregadas da provincia de Pontevedra, inscritas no SPEG Servizo Público de Emprego de Galicia e empadroadas nalgún concello da provincia de Pontevedra exceptuando ás persoas empadroadas nos Concellos de Vigo e Pontevedra.