Novas

Descende o importe do Recibo de Urbana

Os recibos de IBI, tamén chamados “recibo de urbana”, reflexan este ano unha baixada na cota do seu recibo a pagar.
Este imposto que grava ós bens inmobles dos propietarios, está a chegar estes días ós domicilios dos veciños e veciñas de Salceda coa baixada xa aplicada con respecto ó ano pasado.

IV Curso de música e baile galego Concello de Salceda

A Concellaría de Cultura de Salceda de Caselas, que dirixe Teresa Pérez, ven de abrir o prazo de matrícula para a cuarta edición do curso de música e baile galego que se vai celebrar os vindeiros 27 e 28 de setembro.