Novas

Exención e dedución no canon da auga e no coeficiente de vertedura

As familias numerosas que teñan recoñecida tal condición polos servizos sociais competentes da Xunta de Galicia, terán unha dedución do 50% no canon da auga.
A Lei 9/2010 de augas de Galicia estableceu unha exención no canon de auga e, no seu caso, no coeficiente de vertedura para as persoas que se atopen en situación de exclusión social.

II Ruta Pincho Folk en Salceda

Un total de 22 establecementos van participar na ruta, repartidos en duas rutas: venres e sábados. Nos locais serviranse pinchos ao prezo de 1 € en horario de 20:00 a 23:59.