Novas

O Concello de Salceda costea parte do autobús para facer as revisións do cancro de mama

O Concello de Salceda está a subvencionar o transporte ás mulleres
convocadas para a realización da Campaña de Prevención do Cancro, que
ascenden a un total de 758, de idades comprendidas entre 50-69 para que
poidan contar cun autobús diario que as traslada dende o Concello ata a
Casa do Mar en Vigo (Beiramar), lugar onde se lles practica o recoñecemento.

Recollida de xoguetes. Teatro solidario

Sábado, 13 de decembro. Auditorio Municipal.
Ás 16h. Recollida de Xoguetes.
Ás 21h. Teatro solidario “Doutor de cabeceira”
Entrada: un alimento de nadal.

5 de decembro Día Internacional do Voluntariado

O concello de Salceda de Caselas celebra o Día Internacional do Voluntariado.
O acto terá lugar no Auditorio Municipal o venres 5 de decembro.
Accede ó VÍDEO HOMENAXE ós voluntarios/as e a GALERÍA FOTOGRÁFICA do evento.

PROGRAMA DE MAMOGRAFÍAS

O programa de Mamografías da Xunta, este ano non conta co servizo de transporte de autobús, que o SERGAS viña realizando dende o concello Salceda de Caselas