Novas

O Concello de Salceda recupera 2.393,09 € do Céntimo Sanitario

No caso de Salceda estamos a falar dos gastos feitos tanto para combustibles da flota de vehículos do Concello como os gasóleos empregados para calefacción. A reclamación fora interposta en xullo do 2014, unha vez que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea considerase este imposto como non conforme coa normativa comunitaria.

“Overture”, primeiro disco dos salcedenses Batemento

Os compoñentes do grupo Batemento, acompañados pola Concelleira de Cultura Teresa Pérez, veñen de presentar o seu primeiro traballo discográfico, “Overture”, que porán en escea este sábado 28 ás 22:00 no Auditorio Municipal.