A Deputación de Pontevedra subvenciona o mantemento do campo de Fútbol da Gándara
A Deputación Provincial ven de financiar con 3.422,77 euros o mantemento de tres meses do Campo de Fútbol Municipal da Gándara. O orzamento destes tres meses ascende a 4.210 euros, sendo o Concello de Salceda de Caselas o encargado de asumir os 787,32 euros restantes.