Novas

Programa de asesoramento a mulleres

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Salceda, dirixida por Teresa Pérez, pon en funcionamento un servizo de asesoramento en materias de violencia de xénero, menores e familia. O Programa está subvencionado pola Deputación de Pontevedra, dentro do Plan Concellos 2016.

Os nenos e nenas do CEP Altamira coñecen o CDL do Torrón

Case un centenar de nenos e nenas de 1º curso do CEP Altamira realizaron unha visita ao edificio do CDL do Torrón, para coñecer tanto as instalación como as actividades que nelas se ofrecen. Os cativos e os seus mestres foron recibidos pola Concelleira de Formación e Emprego, Loli Castiñeira.

Campaña de seguridade en Salceda de Caselas

Adheríndose á Campaña especial da Dirección Xeral de Tráfico sobre Cinturón de Seguridade e Sistemas de retención Infantil, a Policía Local de Salceda vai realizar controles durante a vindeira semana, do 14 ao 20 de marzo.

Xuntanza coa Asociación Española contra o Cancro

A Concelleira de Sanidade do Concello de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, xunto co Alcalde da localidade, Marcos Besada, veñen de manter unha xuntanza con Pablo Braña, Responsable da Area Social da Xunta Provincial de Pontevedra da Asociación Española contra o Cancro (AECC).