O servizo de baleirado de fosas sépticas xa está dispoñible

Fosa séptica

O Consorcio de Augas do Louro pon en marcha a partir de hoxe o servizo de baleirado de fosas sépticas e pozos negros para aquelas vivendas que non dispoñan de redes de sumidoiros próximas.
Os interesados en recibir este servizo, poden acudir dende este momento ás oficinas do Consorcio nos Concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui para cubrir o modelo de solicitude que se lles facilitará nese momento, xunto coa carta de pago por un importe de 110,95 €. Unha vez acreditado o ingreso, o Consorcio porase en contacto co solicitante para fixar o día e hora do baleirado.
Os lodos extraídos serán logo transportados á estación depuradora de Guillarei, onde o Consorcio se encargará da súa depuración xunto co resto das augas residuais que chegan diariamente a través dos sumidoiros. Este servizo obrigatorio leva consigo o pago da taxa anual de depuración por un importe de 46,80 €, que poderá ser abonada en seis bimestres mediante domiciliación bancaria. Deste xeito, o importe total a pagar para o primeiro baleirado anual será de 157,75 €, mentres que o segundo e seguintes baleirados anuais custarán unicamente 110,95 €.
A ordenanza que regula este prezo público contempla a exención do pago do primeiro baleirado anual para aqueles fogares en situación de especial vulnerabilidade, sendo necesario o informe dos servizos sociais do Concello no que resida o solicitante.
A iniciativa para prestar este servizo xurde logo da proposta dos alcaldes dos Concellos consorciados, vista a necesidade de dar unha alternativa de saneamento real e viable para aquelas vivendas que, a día de hoxe, non teñen posibilidade de conectar ás redes de sumidoiros.
Representantes dos Concellos cos gañadores do concurso de debuxo infantil de 2018
O servizo prestarase de xeito uniforme nestes catro Concellos mediante unha ordenanza única e co mesmo prezo público. A ordenanza regula tamén os prezos polos servizos de limpeza e
Camiño da Veiga s/n · 36720 Guillarei (Tui) · Tfno 886 609 801 · Fax 986 166 722 · contacto@consorciodolouro.es
desentullo de canos e desaugadoiros e serán aplicados unicamente no caso de que os usuarios soliciten eses servizos.
A través deste modelo de xestión de verteduras non canalizadas o Consorcio pretende garantir o acceso universal ao servizo de saneamento para todos os veciños, coas mesmas garantías sanitarias e a un nivel de prezos comparable co do servizo de sumidoiros e depuración convencional o que, sen dúbida, repercutirá nunha melloría na calidade das augas dos pozos ou mananciais.
O texto completo da ordenanza reguladora do prezo público así como os modelos de solicitude poden consultarse na web do Consorcio www.consorciodolouro.es