O pleno de Salceda aprobou o proxecto de impermeabilización da cuberta e da fachada do pavillón municipal

O concelleiro de Deportes Rubén González levou ao pleno ordinario de onte, para a súa aprobación, o proxecto de Intervención para a impermeabilización da cuberta e da fachada oeste do pavillón municipal.

Este proxecto ten como finalidade realizar unha primeira intervención na cuberta para arranxar as súas infiltracións de augas e evitar así a posible aparición de goteiras que impidan o normal desenvolvemento das actividades deportivas no pavillón municipal. Se retiraran os vinte lucernarios existentes para substituílos por outros e mellorar así o illamento de toda a cuberta do pavillón.

Na segunda intervención se realizarán actuacións sobre a fachada para realizar un  sistema de revestimento SATE que enrasará toda a superficie de maneira uniforme para aplicar posteriormente un tratamento de morteiro acrílico que axudará a asegurar o illamento e impermeabilización da fachada. Na súa parte superior se instalará unha albardilla de aluminio que servirá para evitar as filtracións entre a estrutura de formigón do edificio e os paneis sandwich da cuberta.

Complementariamente se instalarán unha nova liña de vida permanente de 15 metros e unha escaleira vertical de uña de gato na fachada principal da instalación, que facilitarán o acceso para realizar as labores de mantemento.

O orzamento base de licitación para a execución do proxecto é de 47.857,33€ (IVE incluído).

Rubén González Coto, concelleiro de Deportes: “Este proxecto solucionará as infiltracións de auga de choiva que se poidan producir no pavillón, unha instalación deportiva municipal fundamental que ten que atoparse sempre nas mellores condicións de uso para poder prestar servizo a gran cantidade de clubs e equipos que o utilizan periodicamente para desenvolver a súa actividade deportiva”.

Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda de Caselas. ”Estamos loitando por conseguir máis e mellores infraestruturas deportivas. Mentres tanto seguimos a traballar na liña de coidar e manter as nosas instalacións municipais para seguir prestando servizos de calidade á veciñanza. O pavillón municipal é unha desas instalacións municipais chave para o noso pobo e haberá que realizar todas as intervencións de mantemento necesarias para que sempre se atope en perfectas condicións de uso”.

 

                 Gabinete de prensa, 23 de decembro de 2022