O vindeiro luns 27 arranca o funcionamento do Plan de Transporte Metropolitano na Área de Vigo.
A tarxeta metropolitana xa está a disposición para todos aqueles veciños e veciñas de Salceda que desexen adquirilas, para o seu trámite, deben achegarse ás oficiñas de Abanca.
A tarxeta adquírese polo prezo de 2 euros, e a recarga mínima é de 5 euros. Non é nominativa, e o seu posuidor pode abonar o transporte tanto a si mesmo como ás persoas que viaxan con el (familia, amigos,…), dispoñendo das bonificacións que a tarxeta aporta.
Mediante a utilización da tarxeta metropolitana, o usuario se beneficiará tanto das tarifas bonificadas do Plan de Transporte Metropolitano, como do transbordo gratuíto entre servizos metropolitanos, e das bonificacións adicionais por recorrencia (máis de 40 viaxes ao mes) e, no seu caso, familia numerosa. Ademáis, todas as tarxetas son válidas nas 5 Áreas de Transporte Metropolitano que, logo de incorporar Vigo, estarán funcionando, polo que cando o usuario se desprace a Coruña, Ferrol, Lugo ou Santiago tamén se beneficiará destes mesmos descontos (nestes casos, tamén no transporte urbano).
Aclaracións : tansporte metropolitano
para máis info:
http://tmg.cmati.xunta.es/area-de-vigo
PARA FAMILIAS NUMEROSAS:
http://benestar.xunta.es/web/portal/aplicacion-social-do-transporte-metropolitano-de-galicia