O Goberno de Salceda leva a Pleno a aprobación inicial do Inventario Municipal de Bens

foto visitas de traballo inventario de bens

O Goberno local de Salceda de Caselas levará a Pleno para súa aprobación, este vindeiro luns, 1 de outubro, o Inventario valorados dos bens e dereitos que constitúen o patrimonio da Entidade local, tal e como establece no seu artigo 34 o Regulamento de Bens das Entidades Locais.

O inventariado e valoración destes bens e, para o alcalde de Salceda, Marcos Besada, non só unha obriga legal “senón un xeito de defender os intereses da veciñanza porque son bens de todos e todas”. Nese sentido Besada subliñaba que “é preciso que a cidadanía coñeza, con detalle, cal é o patrimonio do seu Concello”.

Segundo a proposta que se levará á sesión plenaria da Corporación, o Concello de Salceda conta cun patrimonio inventariado de 24.464.800,85 euros, distribuídos entre Bens Inmobles, cun total de 1.208 bens, nos que se inclúen fincas urbanas e rústicas, vías públicas, rede eléctrica e instalacións de auga e saneamento.

No epígrafe de Dereitos Reais, Salceda conta cun total de 3 bens inventariados, mentres que en Mobles Especiais son 19 os bens que figuran no documento.

No que a Vehículos Municipais fai referencia, o inventario recolle un total de 10 mentres que en Mobiliario son un total de 1.234 elementos os detallados nesta listaxe.

En caso de se aprobado, o expediente do inventario expoñerase ao público por un prazo de 20 días hábiles mediante o anuncio no BOPPO. No caso de non presentarse reclamacións, entenderase elevada a definitiva a aprobación do documento.