O concello informa sobre a liña de axudas, ao abeiro do Real Decreto 307/2005, para facer fronte a situacións de emerxencia (como as producidas polas fortes choivas de principios deste ano). Estas axudas poden ser solicitadas por particulares e persoas físicas ou xurídicas, propietarias de establecementos industriais e comerciais que se viran afectadas, tendo un mes de prazo para presentar a solicitude dende que o fenómeno meteorolóxico causou os danos.
- Axudas a particulares nos seguintes casos:
- En caso de destrución total de la vivenda habitual, sempre que unha das persoas membros da unidade familiar ou de convivencia que residiran en aquela sexa o seu propietario.
- Por danos que afecten a la estrutura de la vivenda habitual, con idénticas condiciones a las esixidas, sempre que unha das persoas membros da unidade familiar ou de convivencia que residiran en aquela sexa o seu propietario
- Por danos menos graves que non afecten á estrutura da vivenda habitual, sempre que unha das persoas membros da unidade familiar ou de convivencia residente na mesma estivera obrigado legalmente, en virtude do seu título xurídico de posesión sobre dita vivenda, a asumir o coste económico dos danos producidos.
- Por destrución ou danos dos enseres domésticos de primeira necesidade que teñan sido afectados na vivenda habitual polos feitos causantes. A estes efectos, unicamente considéranse como enseres domésticos de primeira necesidade os mobles e elementos del equipamento doméstico básico para cubrir as necesidades esenciais de habitabilidade da vivenda.
Unicamente serán obxecto de subvención os danos que se localicen na vivenda propiamente dita, destinada a casa-habitación, con exclusión daquelas dependencias ou anexos que, aínda que formen parte do inmoble no que se atopa a vivenda, no estean destinados ao uso estritamente residencial, tales como garaxes, cobertizos destinados a almacén o trasteiro, dependencias destinadas a uso agrícola ou pecuario e outros similares.
Por vivenda habitual entenderase exclusivamente a que constitúe o domicilio de residencia efectiva, continuada e permanente da unidade familiar ou de convivencia.
- Axudas a persoas físicas e xurídicas por danos nos establecementos industriais, comerciais e de servizos dos que estas persoas sexan propietarias ou titulares.
Para poder descargar os formularios e solicitar electronicamente as axudas débese acceder aos seguintes enlaces da páxina web do ministerio do interior: