O Concello de Salceda ven de liquidar 2 préstamos que mantiña coas entidades Financieiras no ano 2012 e vanse a liquidar outros dous máis ao longo do 2013 O Concello de Salceda de Caselas liquidou no ano 2012 dous préstamos que mantiña con distintas entidades financieiras, e vai a liquidar outros dous este ano 2013. Así pois liquidouse un préstamo do ano 1997 para obras de reforma do Matadoiro Municipal, e un segundo préstamo para obras da estrada Santa María- Picoña do ano 2002. Asi mesmo este ano 2013, se vai a liquidar un préstamo do ano 1998 para adquisición duns terreos no IES Pedras Rubias en Parderrubias e outro que é o máis antigo que ten o concello do ano 1994 para a adquisición do local onde presta os seus servizos na actualidade a Logopeda Municipal.
O endebedamento local do Concello atópase nuns niveis máis que aceptables. Dos datos da última liquidación orzamentaria, o nivel de endebedamento foi do 39,5 % con respeito aos ingresos obtidos no ano 2012, polo se sitúa moi por debaixo do 75% que é o máximo permitido para poder solicitar novas operacións de créditos, aínda que o Concello non prevee solicitar ningún novo préstamo.
Segundo os últimos datos oficiais remitidos ao Ministerio de Facenda o Concello de Salceda acadou un aforro neto de mais de medio millón de euros e o remanente negativo de tesourería reduciuse nun 60% con respeito ao ano 2011, polo que as actuacións de revisión do gasto que se están a levar a cabo, están a ter un resultado que se reflicte na mellora da Facenda Local do Concello, co saneamento das contas Municipais.
Isto permite que se esté as reducir o periodo pago de facturas a proveedores o que da mais facilidades para negociar mellores prezos cos distintos proveedores do Concello, e dota de liquidez aos autónomos e pemes (proveedores)maioritariamente locais.
Un dos gastos que van a ter que pagar os veciños e veciñas de Salceda, ao longo dos próximos vai a ser o pago dos terreos expropiados polo antigo Goberno no ano 2005, para a construcción do Parque Raíña Aragonta e que a día de hoxe se está a negociar un plan de pagos cos afectados que reclamaron á Xustiza, sendo o montante total de preto dun millón de euros o cal limitará as inversións do Concello nos próximos anos.
Jose Luis González, concellerio de Facenda, declara “nótase a mellora do pago das facturas a proveedores coa fin de que non se demore o pagamento en máis de 30 días. A saúde das finanzas Municipais está a mellorar día a día grazas ao traballo de contención do gasto das distintas Concellarías está a dar os seus resultados.