Pleno Extraordinario do Concello de Salceda
No seguinte enlace podes seguir a retransmisión da sesión plenaria PLN/2021/14 do 5 de outubro de 2021.
Salceda de Caselas |
![]() |
![]() |
|
No seguinte enlace podes seguir a retransmisión da sesión plenaria PLN/2021/14 do 5 de outubro de 2021.
O Pleno da Corporación Municipal de Salceda de Caselas ven de aprobar por unanimidade a proposta do goberno local de novas medidas fiscais encamiñadas a paliar os perxuizos económicos para a veciñanza derivados do proceso simplificado de valoración colectiva levado a cabo pola Dirección Xeral de Catastro no Concello.
No seguinte enlace podes seguir a retransmisión do Pleno Extraordinario do 30/09/2021
O Concello de Salceda de Caselas pon en marcha a súa propia Marca Comercial #ConSalceda a través dunha subvención da liña 2 do Plan concellos da Deputación de Pontevedra de 11.744,49 euros.
Este xoves celebrouse a reunión de organización do Consello de Participación Veciñal, presidido pola alcaldesa Verónica Tourón.
Unha vez actualizado o Rexistro Municipal de Asociacións, un total de 49 asociacións do eido educativo, cultural, social, veciñal, comercial, deportivo, de montes, etc. solicitaron formar parte deste Consello. Nesta primeira reunión participaron a maior parte delas e acordouse celebrar a sesión constitutiva do consello o próximo 18 de novembro.