I Concurso de Fotografía contra a Violencia de Xénero
Aquí podes consultar as bases do I Concurso de Fotografía Contra a Violencia de Xénero
Salceda de Caselas |
Inicio | Contacto |
|
Aquí podes consultar as bases do I Concurso de Fotografía Contra a Violencia de Xénero
A agrupación de PC de Salceda e o Concello organizaron unha recollida de produtos de hixiene persoal o pasado mes de outubro, para axudar na medida do posible a paliar as necesidades que están a sufrir as preto de 7000 persoas desprazadas dos seus fogares debido as consecuencias do desastre natural do volcán da Illa de Palma.
O Concello de Salceda de Caselas presentou o seu 1º concurso de pinchos e tapas #ConSalceda. Na presentación a concelleira de comercio e alcaldesa Verónica Tourón estivo acompañada por Acisa, xa que a asociación colabora nesta iniciativa do concello, representada pola súa presidenta Elisa Rodríguez Vaqueiro e polo representante da hostalería Marcos Salgueiro Montenegro. Ao acto tamén acudiu a tenente de alcaldesa Loli Castiñeira.
O Pleno da Corporación do Concello de Salceda de Caselas aprobou por unanimidade o pasado xoves a modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica para incluír unha bonificación do 75% para os vehículos máis eficientes, os de cero emisións e os cualificados eco.
A Alcaldesa de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, e a Concelleira de Benestar Social, Angela Ledo, visitaron o pasado xoves a empresa SMRC, ubicada no termo municipal de Salcedo na zona do Cerquido.