Xerais

O ENTROIDO DE SALCEDA VOLVE ÁS RÚAS ESTE ANO

O Concello de Salceda de Caselas, en coordinación cos barrios da Feira e do Castro Barreiro traballa xa na organización do Entroido 2022, unha cita clave na axenda cultural do municipio e referente en todo o país, que volverá celebrarse logo do parón do pasado ano por mor da COVID19.