O Concello de Salceda coloca paneis interpretativos coa historia da Raíña Aragonta
O Concello de Salceda de Caselas ven de colocar cadanseus paneis interpretativos no entorno da Igrexa de Santa María e do Parque Raíña Aragonta, contando con financiamento da Deputación de Pontevedra a través da liña de axudas para a sinalización do patrimonio histórico e cultural e a memoria histórica.