A Deputación acometerá a mellora do cruce da Lomba en Budiño
O Salón de Plenos do Concello de Salceda de Caselas serviu esta mañá de escenario para as sinaturas das actas de expropiación, por parte da Deputación de Pontevedra, dos terreos precisos para o proxecto de mellora da seguridade viaria na EP-2503, no coñecido como “Cruce da Lomba”, na parroquia de Budiño.