Solicitada unha subvención para a humanización da Praza da Devesa
O Concello de Salceda de Caselas ven de presentar o “Proxecto de mellora e acondicionamento da Praza da Devesa” no Plan de investimentos en equipos e dotacións singulares en mellora do reequilibrio territorial dos servizos en Concellos de menos de 20.000 habitantes convocado pola Deputación de Pontevedra.