O GDR Terra e Auga e o Concello de Salceda de Caselas firman un convenio de colaboración para crear unha ruta enogastronómica
A actuación consistirá na creación dun roteiro peonil que conecte o núcleo urbano co o Pazo de Pegullal, un espazo relevante e singular da oferta gastronómica de Salceda que, ademais dunha arquitectura italianizante que nos traslada ao Véneto, é un lugar que actualmente ofrece visitas guiadas con catas de albariños e aceites.