Benestar Social e Igualdade

O grupo de Teatro Xoaniña colaborou co Programa de Alimentos

O grupo de teatro da Escola Infantil Xoaniña subiuse de novo ó escenario do Auditorio Municipal de Salceda para representar a obra “mil campanas soan no meu corazón”.
O prezo da entrada para poder disfrutar dunha divertida e agradable tarde de domingo foi un alimento.

O grupo de teatro Xoaniña representa “1000 campanas soan no meu corazón”

O grupo de Teatro de Xoaniña súbese de novo o escenario para representar a “1000 campanas soan no meu corazón” onde a música ten un papel moi importante. Dirixidos de novo por Xerpo Cultural, esperamos que esta nova posta en escena do Grupo de Teatro de Xoaniña cumpla o seu fin que non é outro que divertir ós pequenos e non tan pequenos e pasar unha agradable tarde de domingo.

Festa dos avos

Homenaxe a Mercedes, socia da Asociación de Xubilados e Pensionistas con máis idade (99 anos).