Nova marquesiña na Praza da Devesa

2014.12.19 Marquesiña Devesa

Hoxe venres procedeuse á reordenación dos puntos de recollida de usuarios/as de transporte urbano na zona da Praza da Devesa. Así colocouse unha nova marquesiña máis ampla no punto de recollida dos pasaxeiros, e destinouse a que había alí ata o de agora para o punto de baixada, xa que neste caso se precisa unha capacidade menor. O obxectivo é o de fomentar o uso do transporte público ofrecendo espazos adecuados para elo, ao tempo que se prosegue na mellora dos diferentes viais do municipio.

O proxecto de nova marquesiña e reubicación da antiga acométese con fondos propios do Orzamento Municipal deste ano 2014, para o que había reservada unha partida de 5.000 €. A empresa adxudicataria, Baygar, encargouse do suministro así como da instalación da nova marquesiña e reubicación da antiga.

Jose Luis González, Concelleiro de Tráfico: “medidas coma estas facilitan o uso do transporte público nunhas mellores condicións. Seguimos a ordenar o casco urbano, neste caso con unha medida demandada pola propia veciñanza de Salceda”.

 

Gabinete de prensa 19 de decembro de 2014