Nova Aula de Hostelería no CDL O Torrón.

Marinacociña

A Concellería de emprego e formación ven de por en marcha a nova Aula de Hostelería do CDL O Torrón. Dita aula contou con una partida de inversión no orzamento municipal de 45000 euros.

Esta nova aula completa o espacio formativo do Centro de Desenvolvemento Local, que conta ademáis con un Aula de Ebanistería, Aula de formación teórica, Aula de Novas Tecnoloxías e Invernadero para formación en Horticultura.

A aula de hostelería será estreada polos alumnos do Plan Integral de Emprego “Xuntos polo Emprego” que o concello de Salceda está a desenvolver xunto co concello de Ponteareas.  Ademáis destas accións formativas do Plan de Emprego desenvolveranse nesta mesma aula outros cursos dentro do Plan de Formación Municipal 2014 no que a concellería de emprego e formación xa está a traballar.

Dende a concellería de emprego e formación, explican que este novo espazo do centro tuvo tan boa acollida que xa temos ocupada este primeiro semestre, a idea é que esté a pleno rendemento todo o ano, coa formación que realizará a concellería nos dous semestres deste ano, con recursos propios e tamén en colaboración co tecido asociativo de Salceda.

As estádisticas do CDL rompen todas as expectativas esperadas xa que no último semetre do 2013, formáronse máis de 700 alumnos nos cursos de formación da concellería de emprego, ademáis dos 50 desempregados do Plan de emprego, o que hai que sumarlle as consultas de emprendemento e consultas de orientación laboral. Ademáis o Centro tamén acolleu distintas xornadas de divulgación, que foron un éxito, entre elas “Xornadas de Economía Social e Cooperativismo” ou a xornada que marcou o inicio de actividade “CDL O Torrón, un impulso a modernización e o progreso de Salceda”

Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e concelleira de emprego e formación “apostamos polo emprego e a formación, que consideramos imprescindible neste intre, e seguiremos traballando por paliar o desemprego. Estamos satisfeitos sobre todo dos resultados que estamos obtendo e da boa acollida que teñen estas iniciativas entre os veciños e veciñas de Salceda.”

Dende a concellería consideran que este é o camiño para botar unha man os colectivos de desempregados que por distintas causas como idade ou sector do que proveñen están tendo máis dificultades na procura de emprego. Tamén suliñan, que o seguinte paso é a homologación de máis instalacións para adecualas a outras novas formativas.