Máis de 60.000 € para mantemento e mellora de espazos públicos

38504

A Deputación de Pontevedra, a través da Liña 2 do Plan Concellos 2019, financia un total de 60.947,59 € no Concello de Salceda de Caselas destinados a mantemento de espazos públicos.
Así, unha parte vai destinada ao mantemento das estradas e camiños públicos, tanto no que se refire ao firme como aos desbroces de cunetas e espazos públicos.
Importante tamén é a aportación que se fai para o mantemento e mellora das diversas sendas fluviais existentes no Concello, así como para a mellora de parques e xardíns e outros espazos para o uso e disfrute da veciñanza de Salceda e persoas visitantes.
Con esta aportación do ente provincial, o Concello pode acometer melloras que doutro xeito serían moi difíciles de levar a cabo, polo que estamos a falar dunha financiación fundamental para o día a día do Concello, e vital para facer fronte aos imprevistos como é o caso dos incendios ou as riadas.

Gabinete de prensa, 03 de xuño de 2019