Deporte, festa e solidaridade unidos para rematar o ano
A Concellería de deportes do Concello de Salceda ven de organizar para rematar este ano 2012 a segunda edicción da San Silvestre, este ano con un motivo solidario.
671 participantes
Esta marcha popular tivo lugar o venres 28 con saída ás 21:00 horas da praza do Concello, precorrendo un total de 3 Km. por todo o centro urbán e contou con 671 participantes que puideron degustar un chocolate ó seu remate.
Os asistentes aportaron 1 litro de leite para o Programa de Alimentos do Concello. Iniciativa que tivo moi boa acollida, posto que moitos veciños e veciñas de Salceda entregaron o seu litro de leite aínda que non participaron na xa tradicional carreira de fin de ano.
Ó remate fíxose entrega duns pequenos agasallos ós primeiros clasificados da proba, que neste caso foron para María Martínez González (1ª clasificada feminina) e para Akka Essadaoui (1º clasificado masculino), ademáis este último repite como gañador xa que ocupou este mesmo posto na I San Silvestre do Concello, o pasado ano 2011.
Como xa é habitual tampouco faltou un pequeno agasallo para os participantes de menor idade, que neste caso tiñan apenas un ano. Mención especial merecen os participantes de maior idade Carmen Martínez González e José González Pérez este último con 89 anos, todo un exemplo.
Deporte, festa e solidaridade foron da man nesta II San Silvestre solidaria.
Unha vez máis a Tenencia de Alcaldía aposta polo deporte para crear un ambiente festivo para tódolos públicos no Nadal. Este ano deporte, festa e solidaridade foron da man nesta II San Silvestre do Concello de Salceda.
Marina Cabaleiro, “apostamos por seguir facendo este tipo de actividades para compartir con toda a familia, xa que consideramos que é unha maneira de convivir nestas datas de nadal, ademáis cada vez os veciños e veciñas nos sorprenden máis coas súas iniciativas particulares para participar nestas actividades e algúns veñen disfrazados ou con instrumentos musicais, co cal a diversión sempre está garantida”
“Unha vez máis non podemos esquecernos de agradecer a colaboración da Bolsa de Voluntarios de Salceda, Voluntarios de Protección Civil, GRUMIR e Policía Local” e como non dos que colaboraron económicamente co chocolate e cos premios Javucho Publicidade, Bocatería Cerkanías ou Tabertenda”