II Nadal Solidario de Salceda

A concellería de Benestar Social do Concello de Salceda volveu a poñer en marcha este nadal a segunda campaña de I Nadal Solidario”. Trátase dunha iniciativa para a recollida de libros e xoguetes co fin de que ningunha nena nin neno quede sen un agasallo neste Nadal, a pesares da actual crise que empeorou a situación económica dalgunhas familias.

Voluntarios e familias xuntos por nadal

Para este fin, o pasado domingo 2 de decembro, permaneceu aberto o Auditorio Municipal de 10:00 a 20:00 horas no que un grupo de voluntarios estivo recollendo os agasallos. Ademáis ata o día 15 na Casa do Concello segue facéndose a recollida de 9:00 a 14:00 horas.

Unha vez recollidos os xoguetes procederase a súa preparación e clasificación por idades para a posterior entrega o próximo 20 de decembro.

Marina Cabaleiro, “esta iniciativa naceu o pasado nadal, o grande éxito e a elavada participación da primeira campaña lévanos a que este ano volvamos a apostar por esta actividade, ademáis dende a Concellería de Benestar Social somos conscientes de que é necesaria a solidaridade neste momento de crise para axudar as familias”. Na campaña anterior ningún neno nin nena quedou sen o seu agasallo e estamos seguros que neste segundo ano vamos obter o mesmo resultado.