En Busca do Callo Perdido III

Este ano con moitas NOVIDADES!!
“En Busca do Callo Perdido III” celebrarase o sábado 6 de setembro de 17:00 a 20:00 horas.

É unha xincana fotográfica que consta de un mínimo de 13 postas situadas ó longo da vila. En cada posta haberá que superar unha proba, cando a proba estea superada, os voluntarios responsables estamparán a súa firma na folla de ruta que deberán levar os grupos.

As pistas que levarán os grupos á seguinte posta serán fotografías polo que os participantes deberán amosar o seu coñecemento profundo da vila e fixarse moi ben nos detalles das imaxes.

Poderán inscribirse grupos de 3 a 6 persoas de calquera idade, necesariamente terá que haber a lo menos un adulto.

As inscricións poderán remitirse ata o xoves 4 de setembro polas seguintes vías:
Correo electrónico: tenenciadealcaldia@salcedadecaselas.es (no modelo adxunto)
Directamente na Concellería de Deportes ou Pavillón Municipal.

Ficha de inscrición En Busca do Callo Perdido III

 

Nos próximos días publicarase o regulamento completo!!