E por qué non montamos unha cooperativa? – Aprender outra forma de emprender

DSC_0711

A concellería de emprego e formación, que dirixe a Tenente Alcalde Marina Cabaleiro, quere informar da xornada enmarcada no programa de actuación 2014 da Rede Ensumo que acollerá o CDL de O Torrón.

Esta iniciativa leva como nome “E por qué non montamos unha cooperativa – aprender outra forma de emprender”, e celebrarase o luns 27 de outubro de 10.00 a 13:15 horas.

A xornada ten carácter gratuíto, as inscricións ata o 24 de outubro realizarase a través do correo electrónico tenenciadealcaldia@salcedadecaselas.es, no número de teléfono 986347864 ou directamente no CDL e Concellería de Emprego e Formación.

O Concello colabora con esta iniciativa da Rede Ensumo que tamén conta coa colaboración da Xunta de Galicia, o Fondo Social Europeo e a Mancomunidade de Vigo. Dentro do programa da xornada, tocaranse temas como:

– O cooperativismo dentro da economía galega.

– Tipos de cooperativas.

– A importancia do Plan de Empresa.

– Trámites para constituir unha cooperativa.

– Aprender a emprender a través dunha boa práctica cooperativa.

– Conclusións, reflexións, enderezos de interés.

Marina Cabaleira, sinala “O Torrón xa acolleu en anos anteriores iniciativas da Rede Ensumo con moi boa resposta por parte dos usuarios e usuarias, de ahí que tomemos de novo a decisión de recibir de novo estas iniciativas no CDL”.

 

Foto: xornada sobre cooperativismo ano 2013.