Desfile infantil solidario

Este domingo en Salceda de Caselas celebrarase un desfile infantil para colaborar na investigación do SÍNDROME DE RETT, unha enfermidade neurolóxica con base xenética que afecta maiormente a nenos/as, a cal se manifesta entre os 6 e 18 meses de vida e implica unha regresión paulatina na aprendizaxe, na fala, na mobilidade, etc.

Será no Pavillón Municipal de Salceda de Caselas a partir das 17:00 h, con desfile infantil, demostracións de Brake Dance, Hip Hop, Ximnasia Acrobática e a actuación de Capitan Kidd. Por suposto tamén poxa de agasallos e un montón de sorpresas máis.
Neste caso unha afectada do SÍNDROME DE RETT é unha nena de 3 anos veciña de Salceda, o seu nome e SOFÍA, unha preciosa rubia de ollos azuis a que xunto cos demáis afectados por esta descoñecida enfermidade precisa da axuda e apoio de todos e todas.

A recadación vai destinada integramente para A OBRA SOCIAL DA FUNDACIÓN SAN JOAU DE DEU en Barcelona, única entidade en España que traballa na investigación desta enfermidade.

Por todo isto, dende a Organización e dende a Concellería de Benestar Social piden o apoio para esta causa e agradecen de antemán a asistencia a este acto solidario, o cal están convencidos que vai ser todo un éxito.

Tamén queren agradecer a todas e todos aqueles particulares e casas comerciais que dunha maneira ou outra colaboraron coa organización e coa doazón de agasallos.

As entradas para o desfile pódense mercar no mesmo día (donativo de 2 euros) ou por anticipado nos seguintes puntos: Manus Estimulación Infantil, Xiandela Moda Infantil, La Tienda de Isabel Moda Infantil e Gatitos Moda infantil.