Curso de manipulador/aplicador de productos fitosanitarios no CDL O Torrón

A Concellería de emprego e formación abre a convocatoria para aqueles interesados en participar nun curso de manipulador/aplicador de produtos fitosanitarios de 25 horas de duración, que se desenvolverá entre o 16 ó 20 de decembro. As solicitudes deben realizarse no Rexistro Xeral do Concello ata o venres 29 de novembro.

O curso, que terá lugar no CDL O Torrón está estruturado en cinco apartados: productos fitosanitarios, saúde e prevención, aspectos normativos, plagas e enfermedades dos cultivos, manexo integrado das pragas, producción integrada e ecolóxica, maquinaria e práticas de aplicación.

Dispón  ademáis dun módulo de prevención de riscos laborais, e de 3 horas de prácticas que se farán nunha empresa da zona.

Terán preferencia os desempresados para os que será gratuito, en caso de quedar prazas vacantes poderán participar traballadores aboando a cantidade de 62,50 euros.

O finalizar o curso os participantes deberán realizar un exame, que se realizará en Pontevedra  para a emisión do certificado.

Marina Cabaleiro, tenente alcalde e responsable da área de emprego e formación, suliña “tomamos a decisión de facer este curso porque houbo moita xente que o demandaba, ademáis consideramos que é moi necesario para  a búsqueda de emprego en algúns sectores, e dende a concellería seguimos apostando pola formación como principal canle para mellorar a empregabilidade dos nosos veciños e veciñas”.