LUIS FERNÁNDEZ ACUDIRÁ O CAMPIONANTO DO MUNDO DE SLALOM.
Luis Fernández Pereira, nado en Salceda no ano 1997, reside agora mesmo no centro de alto rendemento de La Seu de’ Urgell, formando parte do equipo nacional xuvenil.
Campión de España como cadete no ano 2013 e claificado en 2014 como 1º xuvenil absoluto (sendo xuvenil de 1º ano) e 2º na categoría sub23.
Formouse no Clube de Piragüismo O Penedo, iniciándose con 12 anos. Na súa anterior etapa practicaba futbol como porteiro nas Escolas Deportivas Municipais de Salceda.
Luis ten xa experiencia internacional, competiu en Francia como cadete, tendo un brilante resultado, converténdose nun deportista de referencia neste intre. Con un excelente estado de forma, está gañando terreo a todos cos que competiu o ano pasado e os seus resultados están ao nivel dos sub23.
O Presidente do Clube Penedo, Juán J. Ricón Soliño apunta que “ten sangue fría e corazón quente” á hora de enfrentarse a unha competición. As posibilidades de cara as Olimpiadas de Brasil están chamando a porta deste salcedense pero dada a súa idade debemos ser cautos, é moi xoven e debe ser capaz de manter esa concentración precisa para seguir sendo un campión, o seu futuro augúrase longo e prometedor. Este clube discreto no que se levan forxando moitos campións e no que os máis novos xa están collendo o relevo. Como exemplo, Ainoha Lameiro, outra Salcedense e Miguel A. Oliveros “Migui” que tamén foi noso veciño hasta fai moi pouco; estes nas categorias inferiores, Marcos Fortes (6º no campeonato nacional de Irún) ou Jonathan Calvo (campión de España como cadete no 2008) que despois de facer un paréntesis para dedicarse a música, agora retoma este fermoso e sacrificado deporte como é o Slalom Olímpico.
Á pregunta da Concelleira de Deportes, Marina Cabaleiro, sobre as posibilidades de gañar o mundial en Australia, Luis respondía que son impredecibles, xa que é a primeira vez que vai a un mundial como xuvenil, ademáis existen outros factores como o canal de slalom, a situación das portas ou a estratexia que siga, as que definirán os resultados.
O próximo triunfo deste deportista salcedense estamos seguros que será o campionato do mundo de Australia.