Salceda de Caselas, 10 de xuño de 2024
Logo da obtención da maior subvención da historia do noso Concello, por importe de 1.500.000€ para o cambio de 2.780 luminarias de tecnoloxía LED, nesta semana veñen de comezar os traballos de execución nas nosas parroquias.
Con esta importante inversión conseguiranse os seguintes obxectivos:
- Mellora da calidade lumínica e maior seguridade viaria e peonil.
- Aforro dun 63% no consumo enerxético.
- Coidado do medio con menor contaminación.
- Eliminación de puntos negros por falla de alumeado público.
- Reparación e/ou substitución de cable danado.
- Mellora do alumeado en espazos e instalacións públicas (Parque e Campo de fútbol da Gándara, Área Recreativa do Regueiro).
- Novas redes de alumeado (Urbanización O Regueiro, contorna do IES Pedras Rubias).
- Mellora no alumeado de puntos de interese como Centros Culturais ou Igrexas parroquiais.
- Instalación dun sistema de telexestión con redución da intensidade nas horas centrais da noite.
- Substitución dos 53 cadros de mando do Concello.
As obras realizaranse segundo a tipoloxía de luminarias por tramos que se irán alternando ao longo de todo o Concello durante os catro meses e medio que dura o proxecto.
As zonas nas que se actuará de xeito inmediato son:
- BUDIÑO: Urgueira e O Barral 4. SAN XURXO: Bouzavedra
- SOUTELO: A Igrexa e Sobredo 5. SANTA MARÍA: A Feira
- A PICOÑA: A Carballeira e A Fraga
Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “esta importante inversión fará de Salceda de Caselas coas súas sete parroquias un lugar máis sostible e ecolóxico”.