Cinco grupos de teatro son os encargados de teatralizar “Os Nosos Pazos”

IMG_9211

 

Un ano máis os Pazos énchense de contido e espectáculo, cinco grupos de teatro van a ser os encargados de reproducir contextualizacións históricas de diferentes acontecementos, acompañados polo guía Marcos Gándara Costa que relatará a historia dos lugares acompañado pola interpretación teatral que correrá a cargo dos grupos de teatro de A Feira, Castro Barreiro, Osiris, Soutelo e Entenza, dirixidos por Laura Garrido Alvarez, como xa realizara na anterior edición.

A cita é o sábado día 25 de Abril ás 17:00 dende torreiro de Santa María, que vai a dar comezo o percorrido histórico dos Pazos de Salceda, a través da documentación histórica que os rodea, a través dun percorrido de 6km regresando ao punto de inicio.

Neste ano vaise a continuar a visita que xa comezara no ano 2013 aos nosos pazos, e que o ano pasado introduciu como novidade a teatralización, tendo este ano novas historias que interpretar, desta maneria coñecer o noso pasado dunha forma máis amena pode ser un atractivo moi interesante para todas as idades, Salceda é unha vila con pasado que forma parte do noso presente, coñecelo e divulgalo é crucial para transmitir os valores patrimoniais do noso entorno. E qué melores persoas que os veciños e veciñas de Salceda para interpretalo, cos grupos de teatro que presentan unha gran calidade interpretativa.

Dende o Concello de Salceda de Caselas queremos convidarvos aparticipar nesta nova edición e que disfrutedes da historia que transcorre dende o neolítico ata a Idade Contemporánea, con seis actuacións diferenciadas.

 AVISO: EN CASO DE MOITA CHOIVA VAISE A ADIAR, PARA MÁIS INFO PORSE EN CONTACTO CON: secretariaalcaldia@salcedadecaselas.es ou no teléfono 986349003.