Charla informativa do Picudo vermello

O Picudo vermello (Rhyanchoporus ferrugineus) das palmeiras é unha praga que está atacando a gran parte das palmeiras do territorio galego presentando unha elevada porcentaxe de danos dentro do noso territorio, que chega a provocar a morte do exemplar, na maior parte dos casos.

Para poder intentar paliar os efectos da praga debemos de seguir un protocolo de actuación importante e riguroso, tanto para a eliminación do exemplar afectado como para aplicar o tratamento fitosanitario parapoder diminuír a praga e erradicala do exemplar.

Clara Pousa Ortega enxeñeira agrícola da oficina Agraria Comarcal do Rosal, vai a ser a encargada de informar sobre as medidas de actuación e cómo podemos actuar no caso de ter palmeiras afectadas ou previr o ataque, na Casa da Cultura o mércores 20 ás 20h.