CANMIÑANDO POR SALCEDA

 

Canmiña esta fin de semana por Salceda

 

 

 

O sábado día 7 de Xuño vai a ter lugar a I canmiñata do Concello de Salceda de Caselas, ás 10 da mañá dende a Praza do Concello. Esta actividade está recollida dentro do programa “Convive coa túa mascota” que a Concellaría de Medioambiente está a desenvolver coa finalidade de mellorar o uso e convivencia dos espazos públicos, frecuentados por persoas e as súas mascotas coa finalidade de mellorar o uso realizado e a concienciación, indicando da problemática tamén que é abandonar a túa mascota e as repercusións que pode acarrear.

 

Nesta andaina vanse a percorrer 6 km polo noso concello acompañado das mascotas, que deberán ir completamente suxeitos evitando acarrear problemas con outras mascotas. No inicio entregarase un agasallo dun porta bolsas con recambio para cada participante .

 

Para participar hai que inscribirse previamente na concellaría de Medioambiente, no seguinte enderezo electrónico: medioambiente@salcedadecaselas.es, facilitando nome e apelidos dos participantes.

 

Dende a Concellaría estamos a traballar en diferentes Plans que levan a cabo unha mellora na conducta das persoas co medio. “É moi importante que cada un de nos sexa consecuente co que nos rodea, cos principios de respeto e convivencia. Traballos tan simples como levar atadas ás mascotas no centro da vila, ou a recollida dos seus excrementos facilitan a vida aos veciños que diariamente sufren as consecuencias de ter que convivir con esta problemática”. Asegura Cándido Lorenzo

canmiñata