En exposición pública a numeración do casco urbano
Dende mañá martes 26 de xaneiro e ata o vindeiro luns 15 de febreiro permanecerá en exposición pública a nova numeración do casco urbano de Salceda de Caselas, para que as persoas afectadas poidan realizar alegacións se o consideran oportuno. Os documentos pódense consultar xa na páxina web do Concello (www.salcedadecaselas.gal)