O concello de Salceda de Caselas e o Ministerio de Educación e Formación Profesional veñen de subscribir un convenio para desenvolver o programa de formación aberta denominado Aula Mentor.
Desde o 2014 o concello de Salceda de Caselas formaba parte da rede de Aulas Auxiliares, pasando agora a ser titular da Aula Mentor, formando parte así da estruturaorgánica básica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.