Novas

Salceda firma o maior contrato da súa historia con Sociser Galicia

O contrato permitirá levar a cabo o servicio de axuda no fogar no concello durante os próximos catro anos.

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, e o representante de Sociser Galicia S.L.U. firmaron o contrato de servicio de axuda no fogar no concello para os próximos catro anos. Trátase do contrato máis importante desta lexislatura ata o momento, tanto polo seu importe, que roza o 16% do orzamento, como na duración do mesmo, tres anos con opción a un máis de prórroga.

Salceda solicita un novo un programa integrado de emprego

O Concello de Salceda de Caselas ven de solicitar unha subvención de 250.000 € á Xunta de Galicia para poñer en práctica un novo Programa Integrado de Emprego que beneficiaría a 100 persoas desempregadas do municipio. O plan acollería persoas desempregadas con perfís diversos: discapacidade, risco de exclusión social, menores de 30 anos con baixa cualificación, maiores de 45 anos, mulleres, etc., presentando un obxectivo de inserción laboral dun mínimo do 45% das persoas participantes.