O CONCELLO DE SALCEDA OPTA A 1 MILLÓN E MEDIO DE EUROS DE FONDOS EUROPEOS PARA O CAMBIO DE LUMINARIAS EN TODAS AS PARROQUIAS
O Concello de Salceda de Caselas ven de solicitar unha subvención ao IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía) para o cambio de todas as luminarias do concello por importe de 1.435.031,82€, a cargo dos fondos europeos do programa de rexeneración e reto demográfico do plan de recuperación, transformación e resiliencia.