Novo espazo “Salceda Urban” na Fonte das Carballas
Despois da primeira fase, na que se recuperou o túnel de acceso ao Parque Raíña Aragonta, chégalle agora o turno ao entorno da Fonte das Carballas. Esta fonte estivo abandonada durante anos, e agora ven de recuperarse como área de lecer para salcedenses e visitantes.